CREA PERFIL PARA INSCRIBIRTE EN LAS OFERTAS

Curso de Excel para Profesionais e Directivos /as

Curso de Excel para Profesionais e Directivos /as
Duración: 40 horas
Metodología: Online
Idioma: Castellano
Diploma:
Titulación: Título acreditativo emitido por Galejobs da realización do curso

Objetivos

Este completo curso de Excel está enfocado a Profesionais e Directivos que precisan xestionar bases de datos de información, crear KPIs, analizar a información para a toma de decisións e mecanizar procesos para o aforro de tempo.

O obxectivo deste curso é formar a directivos, controllers, mandos intermedios así coma calquera profesional que queira acadar un nivel avanzado de Excel que lles permita realizar dende análise de datos e estadísticas ata un cadro de mando para a xestión efectiva de clientes. Trátase dun curso de Excel para o análise financieiro e o control da xestión.


Duración: 2 meses

Metodologia

A metodoloxía é completamente online cun enfoque eminentemente práctico. Poderás acceder á plataforma online 24h. Disporás de máis de 40 vídeos realizados polo formador -cunha mostra práctica do emprego de Excel para as actividades descritas- e máis de 30 exercicios prácticos para realizar. Ademáis, disporás de titorización vía chat e correo electrónico co formador, para aclarar dúbidas e solicitar explicacións persoalizadas.

Tamén disporás de 5 vídeos específicos:
• Indicadores de clientes con táboas dinámicas
• Cadro de mando de información de clientes
• Cadro de información resumida dunha conta de resultados
• Análise de datos: exemplo ventas e outra información numérica
• Cadro de mando de xestión de procesos con indicadores

Índice de contenidos

1. OS 4 MOVEMENTOS BÁSICOS PARA MANEXAR INFORMACIÓN 
• Filtros 
• Subtotais 
• Formularios 
• Táboas dinámicas 

 2. FERRAMENTAS BÁSICAS 
• Protección de documentos, libros e ocultación de fórmulas 
• Insertar e imprimir comentarios 
• Validación de datos 
• Rangos 

 3. CONDICIONAIS, FORMATOS CONDICIONAIS E ALARMAS CON CONDICIONAIS 
• A función ”SI” e os ”XX.SI” 
• Fórmulas matriciais 
• Función escoller 
• Formato condicional 
• Alarmas con condicionais 

 4. FORMULAS DE BUSCA E REFERENCIA DATOS 
• BUSCARV e “BUSCARV-COINCIDIR” 
• INDICE, DESREF, INDIRECTO 

 5. BOTÓNS DE CONTROL PARA CONSTRUIR FORMULARIOS 

 6. FERRAMENTAS AVANZADAS 
• Macros (GRABADORA) 
• Filtros avanzados con Macros 
• Querys e conexións Excel con outras fontes 
• Hipervínculos 
• Cartas e emails automáticos 

 7. FERRAMENTAS ESTADÍSTICAS E DE ANÁLISE DE DATOS PARA A TOMA DE DECISIÓNS 
• Estadísticos para análise 
• Ferramentas de análise ( PRUEBAT, PEARSON, DESCRIPTIVO..) 
• Análise de regresión lineal 

 8. BUSCAR OBXECTIVO E ANÁLISE DE SENSIBILIDADE (SOLVER) 
• Buscar Objetivo 
• Solver 

 9. FUNCIÓNS FINANCEIRAS 
• TIR, VAN, VALOR ACTUAL, VALOR FINAL, PAGO, PAGO INTERES, PAGO PRINCIPAL.... 

 10. GRÁFICOS 
• Gráfico estilo velocímetro 
• Gráfico de rangos 
• Gráfico de dous eixos 
• Gráfico dinámico 
• Gráfico con rangos dinámicos 

 11. DESEÑO OPERATIVO DUN CADRO DE MANDO + EXEMPLO DE XESTIÓN DE CLIENTES

FORMAS DE PAGO

- OPCIÓN 1: PAGO ÚNICO. Podes mercalo premendo MERCAR na área inferior de esta páxina.
- OPCIÓN 2: PAGO FRACCIONADO a 3, 6, 9 ou 12 meses

 

Crea una cuenta en Galejobs

Busco trabajo Ofrezco trabajo