CREA PERFIL PARA INSCRIBIRTE EN LAS OFERTAS

Galejobs finalista de II Premios Paraugas da Comunicación e Marketing de Galicia

galejobs finalista de premiosparaigas de comunicacion y marketing 2017

O venres 10 de novembro estivemos no día grande da comunicación e marketing de Galicia, celebrando a nosa posición de Finalistas no Premio Comunicación RSE.

O ‘partido’ do venres nos II Premios Paraugas de Comunicación e Marketing de Galicia foi intenso. Tanto que levou a estrelas recoñecidas para outorgarlles premios honoríficos á súa carreira; concretamete ao deseñador gráfico Pepe Barros, ao publicista José Luis Zamorano, ao CEO de Martín Códax Juan Vázquez e a Gráficas Anduriña polo su 35 aniversario.

Pola nosa parte, e tras ter gañado o premio en 2016, este ano Galejobs quedou finalista na categoría de Comunicación RSE. Fíxose co premio o Deportivo da Coruña pola súa Memoria de Sostenibilidade. Parabéns para o Depor! 1-0 para eles. Tamén felicitamos á empresa Reclam, que compartíu connosco o podio de finalistas.

No resto das categorías, descataron axencias coma BAP and Conde en creatividade, LaMarck Publicidad en estratexia de comunicación ou empresas coma Tórculo Comunicación en deseño e artes gráficas. Marcas coma Estrella Galicia, R e Martin Codax foron outras das marcas que soaron no escenario.

O Clúster da Comunicación de Galicia -organizador do evento xunto á colaboración de Markea, Avante Medios, Expourense ou DirCom Galicia entre outras entidades- agradeceu a participación dos máis de 250 candidatos presentados a esta segunda edición duns premios que chegan para quedarse e destacar o labor da Comunicación e Marketing de Galicia.

II premios paraugas comunicacion y marketing galicia 2017

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Empresa beneficiaria: Grupo Galejobs SL

Actuación subvencionada: PERSUS: Nova solución integral baseada en Intelixencia Artificial e analítica avanzada para unha xestión de persoas consciente e estratéxica desde RRHH.

Financiación: 143.010,16 €

Convocatoria: IA360. Ayudas para el desarrollo tecnológico y la innovación mediante el uso de la Inteligencia Artificial – PRTR Galicia 2025

Objetivo del proyecto

O proxecto obxecto de subvención vai consistir en: PERSUS é unha solución tecnolóxica de ciencia de datos aplicada á xestión de persoas, deseñada para transformar a función de Recursos Humanos (RRHH) mediante intelixencia artificial (IA) e analítica avanzada. O seu obxectivo é universalizar a profesionalización da xestión do capital humano, eliminando a necesidade de custosas consultoras externas e permitindo que as empresas tomen decisións estratéxicas baseadas en datos de maneira eficiente e precisa.

 

Crea una cuenta en Galejobs

Busco trabajo Ofrezco trabajo