Tras gañar o Premio á Comunicación RSE do Foro da Comunicación e Marketing de Galicia, compartimos o noso primeiro ano con vós.
Esta fin de semana celebráronse os primeiros Premios Paraugas 2016 no 4º Foro de la Comunicación e Marketing de Galicia. E en Galejobs temos sido as afortunadas gañadoras do Premio de Comunicación RSE.
Por iso, aproveitamos este o noso espazo para decir tantas GRAZAS coma seguidores e colaboradores temos. GRAZAS a cada un e cada unha de vós que fixo posible que un proxecto humilde coma Galejobs medre cada día máis.
Como non se nos ocurre como darvos máis grazas, pensamos que seica vos apetece ler a nosa viaxe neste primeiro ano de vida, adicada a tódolos que quixeron -mais non poideron- asistir ao Foro, onde tamén participaron empresas coma Elogia, R Cable, Freixenet, IE Businees School, Estrella Galicia e Google.
A NOSA VIAXE: Como xermolou Galejobs
> PARADA 1 <
E a viaxe comezou en agosto de 2015 cunha web e cinco perfiles nas redes sociais. Sí, o primeiro que fixemos, ademáis de abrir a web, foi abrir as RRSS. E escoitar. Escoitar incluso o que non era agradable de escoitar. E moita desa xente que nos indicaba o que botaba en falta da nosa web ou o que vía que non funcionaba… E todas esas opinións nos deron as pautas para mellorar.
Din que non se pode lanzar ao mercado un produto rematado porque hoxe en día os produtos e marcas nunca están rematados. E nós cremos firmemente que é así. Galejobs naceu cunha vocación de axuda, de posta en valor da identidade galega e de creación dunha comunidade de profesionais, de #talentogalego. Tiñamos clara esa idea.
Mais, a parte diso, o resto foi evolucionando grazas, en gran parte, a esa escoita activa. Esas verbas, escoita activa, son para nós a clave de todo plan de comunicación.
> PARADA 2 <
Para iniciar a conversa co público, é preciso dicir algo. E nós decidimos que ese algo fose unha declaración de intencións que nos permitise crear unha comunidade en torno a Galejobs. E fixemos un video para presentarnos:
Como vedes, non era un video que buscase viralizarse. Soamente era un video que falaba das verbas que nos inspiraron a crear Galejobs, e das ideas que facían de piares do proxecto.
Foi simplemente unha especie de confesión, un testimonio que se da á xente coma quen escribe no diario o que de verdade pensou no seu día. E para nós, eran as ideas que tiñamos na cabeza antes mesmo de lanzar o proxecto.
> PARADA 3 <
Despois, decidimos motivar aos nosos primeiros seguidores e usuarios a seguir na busca de emprego. E tratamos de seguir os fundamentos do Inbound marketing; é dicir, do conxunto de técnicas de marketing non intrusivas que permiten captar clientes aportando valor a través dos contidos.
Así que creamos webinars para aportar información extra gratis aos candidatos/as, creamos blogs entrevistando á xente con proxectos interesantes na nosa terra, lanzamos folgos diarios nas nosas RRSS e abrimos o noso teléfono e email para dar consellos aos candidatos sobre como mellorar nas entrevistas, no enfoque das cartas de presentación, nos CVs… E para ilustralo, lanzamos este vídeo:
O concepto está claro: loita, optimismo e a axuda de Galejobs. Porque sabemos que non é fácil procurar emprego e máis aínda cando levas tempo facéndoo e xa non sabes se estás a facer o que deberías. Perdes a perspectiva e arrástrate o pesimismo e o pensar que non é posible seguir adiante. Nas chamadas, entrevistas e emails atopamos xente moi triste, moi decepcionada e desilusionado… e tentamos escoitar, aprender deles e darlles eses folgos dos que andan escasos.
Mais ese concepto seguíu a evolucionar. O obxectivo se concretou e tratamos de motivar non só a aqueles que non tiñan traballo senón a aqueles que non era felices no traballo, para animar a empresas e candidatos a ter coma obxectivo profesional o traballar no que a un lle apaixona. Porque non hai xenios que odien o seu traballo; a paixón é o motor da excelencia.
E para animar e provocar sorrisos, creamos este vídeo:
Mentres, fixemos unha viaxe en paralelo coas empresas; moitas das que procuraban tamén axuda no seu camiño. Aos que pedirán axuda, tentamos darlla a través de tres pasos: analizar, guiar e acompañar.
> PARADA 4 <
A seguinte parada da nosa viaxe foi nos eventos offline e medios de comunicación: tratamos de estar disponibles para quen nos reclame, tanto se é o xornal máis coñecido coma a radio dunha pequena aldea.
Cremos que en todos lados hai xente que precisa unha voz a amiga e un consello; e tentamos ir a onde nos chaman, incluindo pequenas charlas ou obradoiros de emprego.
Isto nos permitiu estar nos medios de comunicación, establecer con eles una relación de coñecemento mutuo e ofrecerlles a nosa man para o que poidan necesitar. E non nos foi mal: no primeiro ano, saímos gratuitamente en más de 50 medios.
> PARADA 5 <
O seguinte paso foi analizar os nosos datos, os chamados Big Data. Ese grupo de cifras de tráfico, seguidores, retuits, comentarios, reputación dixital, número de usuarios e empresas da web… Xuntar todo iso para despois desglosalo, analizalo por seccións e aprender dos nosos erros.
Ao final, os datos non son máis que o reflexo en números das accións e esforzos, unha clave das oportunidades económicas que podes ter e unha pista de onde perdiches máis cartos e por que. Do que o teu público gosta de ver e o que non e sí, tamén se conseguiches o público ao que querías dirixirte. Porque non lle podes nin lle debes gustar a todo o mundo; se tratas de facer unha marca para todos, o probable é que non a fagas para ninguén.
E podemos dicir que tivemos un crecemento lento pero constante que nos di que estamos nun ‘progresa adecuadamente’ e facendo as cousas ben. Aínda que sabemos que a mellora é precisa. Onde non o é?
> PARADA 6 <
Facilitar a conversa na que a xente participe da comunidade e nos diga quen é, que busca e como lle podemos axudar. O público é a clave. Por iso, temos feito iniciativas como esta:
E tamén temos creado un grupo no LinkedIn para aqueles profesionais galegos emigrados que queren voltar á terra, ao que pode unirse quen desexe, ademáis de sorteos coma este:
> PARADA 7 <
E isto nos leva ao derradeiro paso -polo de agora-, que é coller todo o que dixemos e volver a empezar.
Voltar á casilla de saída e escoitar de novo, e medir de novo, e explicarte de novo, e falar coa xente de novo… porque hoxe en día o primeiro que precisa unha empresa é estar VIVA.
Viva no sentido máis amplo da palabra: viva porque medra e evoluciona e aprende do que ten vivido e segue mudando e tratando de mellorar e tratando de aplicar o aprendido.
E iso é o que tratamos de facer con Galejobs: probar, aprender e mellorar. E non deixar de aceptar que as cousas cambian e máis no eido dixital, no que uns meses son coma uns anos noutros sectores, onde todo vai rápido e os retos son constantes. En que eido non o son hoxe en día?
Así que esperamos que, para os profesionais da comunicación, o noso caso vos anime a levar a cabo os proxectos que tedes na mente. E, para todos os demáis, agardamos que vos inspire na vosa viaxe persoal e profesional. Porque na viaxe da vida, só se pode avanzar. Veña, da o primeiro paso! E se precisas axuda, aquí tes a Galejobs.
Deixa unha resposta