O uso da verba expatriación ten aumentado en paralelo ao empeoramento da crise. Mais sabedes qué implica para ti coma traballador? E, se traballas en RRHH, sabes como xestionalo?
Actualmente, moitos/as traballadores/as vénse na obriga de marchar ao estranxeiro en busca de traballo mais moitos –expatriación de carácter persoal- tamén son enviado a outros países polas súas empresas, que é no que nos imos centrar hoxe.
Que é a expatriación?
Segundo a lexislación, o expatriado é aquel traballador que dede prestar os seus servizos fóra do seu país de orixe durante un período determinado de tempo sen ter a consideración de desplazado ou trasladado.
Así, o expatriado está desvinculado da Seguridade Social española, salvo convenio específico co país de acollida. Aínda que pode ter unha cobertura social completa dándose de alta en entidades públicas, semipúblicas ou privadas.
Hoxe en día, o fenómeno da expatriación é unha tendencia crecente, implantada inicialmente por empresas multinacionais para homoxeneizar os seus estilos de dirección a nivel global.
O perfil de expatriado
Segundo comentaba Javier Cano, director xeral de Cigna España –creadora do informe Global Mobility Trends Survey 2015– no diario Expansión: “Os expatriados son empregados de alto valor e, en moitos casos, estratéxicos para a compañía”.
O estudio, feito en base máis de 2.700 expatriados en 156 países, é o primeiro feito para coñecer mellor esta nova tendencia e o perfil de traballador expatriado máis habitual. Así, descubríuse que o 81% son homes de mediana idade -mentres que o 59% está na franxa de 35 a 54 anos- e teñen familia, aínda que a deciden deixala en España.
E parece que cada vez son máis os empregados dispostos a aceptar unha proposta de expatriación por parte da súa empresa. O 84% dos enquisados di que aceptaría outra asignación internacional coa súa empresa actual, tras ter vivido xa o proceso. E, de feito, aumentou nun 7% o número de expatriados que teñen traballado en máis de 5 países durante a súa etapa de expatriación.
Os coñecementos técnicos, a experiencia e a consideración da carreira profesional son os factores máis valorados polas empresas para seleccionar aos empregados que serán expatriados.
Por qué deciden eses traballadores/as marchar? Os factores que máis inflúen á maioría dos enquisados son o atractivo de ter unha experiencia internacional, a aprendizaxe profesional, as posibilidades de promoción interna e, por suposto, os beneficios económicos.
O 32,8% das mulleres e o 41,4% dos homes expatriados cren que, de non aceptar a asignación internacional que lles foi proposta, terían tido consecuencias negativas na súa trayectoria profesional.
Fases da expatriación
A xestión de expatriados é un reto para os profesionais de RRHH e as compañías responsables. Para xestionalo correctamente, primeiro debemos comprender as tres fases que conforman o proceso.
1. Fase previa
É o primeiro paso do proceso, no que se conforma a proposta da empresa cara ao empregado. Nesa proposta, debemos ter en conta a selección do candidato, a comunicación do proceso, o asesoramenteo nas súas dúbidas e a negociación da súa nova retribución.
A expatriación é valorada polos expatriados coma unha oportunidade de promoción dentro da empresa mais ao 87,2% gustaríalle ter fixado expectativas realistas e claras sobre os beneficios profesionais que recibirá a causa do seu cambio de residencia e posto.
2. Fase de desenvolvemento
A comunicación e asesoramento do expatriado é unha parte moi importante do proceso. Segundo o informe, a maioría das empresas contan con programas específicos de repatriación, pero só o 54% dos expatriados os coñece.
Ditos programas son fundamentais para facilitar a adaptación do empregado e conseguir que cumpra as súas expectativas persoais e profesionais. Sobre todo porque o 14,7% dos expatriados indicou que non mantivo unha comunicación fluida e constante coa súa empresa matriz durante a expatriación.
Máis do 80% dos expatriados asocia o éxito do proceso de expatriación para a empresa co seu proceso de adaptación persoal ao novo posto e país. Por sorte, o 81% admite que dita adaptación non lle resultou complicada.
Sí existe unha pequena porcentaxe (9,4%) dos enquisados que recoñecer que tivo crises familiares a raíz de problema na adaptación.
3. Fase de repatriación
Responde ao planeamento da volta ao país de orixe por parte do empregado e implica a súa readaptación persoal e profesional. En case un 30% dos casos, non se chega a cumprir o tempo previsto de expatriación.
Pola contra, é moi positiva a valoración da aprendizaxe e experiencia adquirida. E o 81,9% dos repatriados considera que o traballo que lles foi asignado á súa volta corresponde co aprendido durante a súa estancia no estranxeiro.
Para unha mellor repatriación, o departamento de RRHH e/ou a Dirección deben otorgar aos repatriados unhas vantaxes mínimas relativas á permanencia na empresa, senón tamén manter durante a estancia fóra do traballador un contacto constante que facilitará a súa reintegración á volta.
Tendencias actuais
Segundo o Observatorio RRHH, o número de expatriados ten aumentado un 4% nos últimos anos.
Dende a óptica das empresas, 0 50% delas aumentou as súas asignacións internacionais de corta duración. Máis de dous tercios das compañías afirman que o principal motivo para as expatriacións foi a ausencia dos empregados locais que precisas na cidade de destino.
Case 9 de cada 10 empresas no mundo teñen revisado ou van revisar as súas políticas de repatriación para, entre outros motivos, reducir costes.
Cómo xestionar expatriados
Varios expertos da recoñecida consultora PricewaterhouseCoopers (PwC Spain) impartirán unha formación específica para Galejobs, coa fin de que o alumando asistente comprenda e sepa xestionar o procedemento de expatriación dos seus empregados.
E atención: este curso conta cun 40% de desconto para estudantes e desempregados! Consúltanos na sección Contacto sobre como solicitar esta oferta.
A formación, que se celebrará en Santiago de Compostela os días 4 de Marzo -de 16h a 21:30h- e 5 de Marzo -de 10h a 13:30h, estará orientada a:
– Directores/Responsables de Recursos Humanos.
– Responsables de Relaciones Laborais.
– Responsables de Xestión de Expatriados.
– Directores/Asesores Xurídicos.
– Avogados.
Os asistentes aprenderán os seguintes contidos:
1. ASPECTOS LABORAIS, DE SEGURIDADE
SOCIAL E RRHH NA EXPATRIACIÓN DE TRABALLADORES.
1.1 Claves na Xestión de Persoas nos procesos de Asignación Internacional. Claves no deseño das Políticas de Expatriación.
– Definición da estratexia da compañía
– Planificación da expatriación.
– Opcións de expatriación.
– Elementos a considerar (equidade interna, competitividade externa, etc)
– Deseño do paquete retributivo do expatriado (retribución fixa e variable, beneficios sociais, complementos de expatriación e beneficios de expatriación).
1.2 Aspectos laborais.
– Cobertura contractual da mobilidade internacional de traballadores: Carta de desprazamento, políticas de asignación: pactos relativos ao período de desprazamento e ao período posterior ao desprazamento.
1.3 Seguridade Social Internacional.
– Principio de territorialidade.
– Desprazamentos a países con Convenios Internacionais en materia de Seguridade Social.
– Desprazamentos a países incluidos nos Regulamentos Comunitarios en materia de Seguridad Social.
– Desprazamentos a Países sen convenio bilateral con España.
2. RÉXIME FISCAL DOS EXTRANXEIROS EN ESPAÑA. PERSOAS FÍSICAS.
– Residencia Fiscal
– Convenios de dobre imposición
3. TRIBUTACIÓN DAS RENTAS OBTIDAS EN ESPAÑA.
– Aspectos fundamentais da tributación dos non residentes fiscais.
– Réxime fiscal de impatriados: análise do artigo 9.5 da Ley do IRPF.
– Réxime opcional para residentes da Unión Europea.
4. A FISCALIDADE DOS DESPRAZAMENTOS INTERNACIONAIS DOS TRABALLADORES.
– Aspectos fundamentais da tributación de residentes fiscais
– Análise do artigo 7.p) da Ley do IRPF
5. CLAVES MIGRATORIAS A TER EN CONTA EN ASIGNACIÓNS INTERNACIONAIS.
– Cuestións xerais.
– Países da UE.
– Países de fóra da UE.
– Cuestións prácticas a ter en conta por parte da empresa.
– Aspectos a ter en conta nas asignacións internacionais cara España
Os interesados poden solicitar na nosa web máis información e facer a reserva de prazas.
Deixa unha resposta