CREA PERFIL PARA INSCRIBIRTE EN LAS OFERTAS

5 consellos para atopar emprego en Galejobs

consejos-portada-2

Sabes todo onde está a clave para atopar traballo en Galejobs? Só tes que seguir estes 5 pasos para que poidamos atopar o emprego axeitado ao teu perfil.

Non importa se es enxeñeiro/a, deseñador/a ou perruqueiro/a, se falas inglés, francés ou alemán… Fagas o que fagas, estás aquí por un motivo: buscas traballo. E nós estamos aquí para axudarche na busca.

En primeiro lugar: crea o teu perfil de candidata/o en Galejobs. Fundamental! 😉 Pero non é suficiente. Toma nota dos 5 consellos que debes seguir no teu perfil para entrar nos procesos de selección más relevantes para ti e atopar o traballo que desexas.

Consello #1: Onde vives? Onde buscas?

Parece que é obvio decir onde estás a procurar traballo mais o certo é que máis da metade dos perfiles en Galejobs non indican en qué provincia están a buscar os candidatos. Ao non ter a provincia, o teu CV non aparece nas nosas seleccións delimitadas a unha zona, por exemplo, cando unha empresa pide un candidato/a que resida actualmente en Vigo. Consello extra: Non queres buscar traballo lonxe da casa? Ademáis da provincia, podes escoller o teu concello.

Ao crear o perfil, verás:

consejos-trabajo-1

Se xa o tes creado, podes correxilo ou completalo en Información Persoal:

consejos-trabajo-3

Consello #2: En que sector buscas?

Seica tes estudiado Maxisterio e buscas dar clase mais pode que busques traballar de Monitor ou que en realidade procures agora mesmo un traballo de fin de semana en hostelería. Contanos o que che interesa para que poidamos atopalo! Como? Moi fácil: só debes encher a casilla de FAMILIAS PROFESIONAIS DE INTERESE, onde podes escoller ata tres familias ou sectores nos que che gustaría traballas. Deste xeito, saberemos que queres cunha ollada.

Ao crear o perfil verás:

consejos-trabajo-2

 

Se xa o tes creado, podes modificalo ou engadilo en Información Curriculum:

consejos-trabajo-4

Consello #3: Non viches a oferta? Date de alta xa nas alertas de emprego!

Sí, sabemos que a vida pasa rápido e aínda máis se buscas algo que non atopas. Non imos decir que buscar traballo é un traballo -ups, xa o dixemos- ou que a paciencia é a nai de toda ciencia -ejem, perdón por tanto refraneiro popular- mais é certo! Seguro que andas moi ocupado/a traballando, buscando onde traballar ou facendo cursos ou formacións que che axuden a chegar aos teus obxectivos, polo que non debes ter tempo de entrar en Galejobs tódolos días. Por iso pensamos: Por que non crear un sistema de alertas de emprego que chegue ao teu email? As alertas chegarán en base á provincia e familias profesionais que teñas escollido. Só tes que escoller SI no recadro do teu perfil. Mira:

consejos-trabajo-5

Consello #4: Infórmanos dos teus estudos e experiencia

Imaxina que decides crear o teu propio restaurante: cociña, sala e camareiros listos! Pero fáltache un chef que deixe aos teus clientes coa boca aberta. Imaxina entón que tes tres candidatos: a primeira persoa pon no seu CV que estudiou na mellor escola de París e acaba de rematar os estudos; a segunda persoa pon que é autodidacta mais leva cociñando 10 anos; e a terceira dache un folio baleiro co seu nome e apelidos. A quen contratarías? Arriscámonos a decir que a calquera menos á terceira! Porque non sabes nada dos seus estudos e experiencia. E ao mellor é a persoa perfecta para o posto! Así que para evitar esto, non esquenzas escribir no teu perfil os teus estudios e experiencia profesional. Non tes experiencia aínda? Non pasa nada! Marca o recadro indicándoo na sección Experiencia no teu perfil.  Axúdanos a coñecerte!

consejos-trabajo-6

Consello #5: Sigue a esta empresa

Na portada da web de Galejobs podes ver unha listaxe das empresas que publican os seus empregos no noso portal de emprego. Hai algunha empresa na que che gustaría traballar pero non ten unha selección axeitada ao teu perfil? Gústache a labor que algunha destas empresas está a facer? Dillo premendo SEGUIR A ESTA EMPRESA dentro da súa ficha de empresa. Deste xeito poderán saber que es seguidor/a do seu proxecto e poderán verte na súa lista de seguidores. Quen sabe, seica mañá abren unha selección e o primeiro que miran é a listaxe de quen valora o seu traballo 😉 Comeza xa! Preme este botón nas empresas que che gusten:

consejos-trabajo-7

Unha vez o premas, as empresas aparecerán no teu perfil na sección Empresas ás que segues:

consejos-trabajo-8

Con estos 5 consellos será moito máis doado que atopes traballo e que Galejobs poida escollerte para os postos máis axeitados.

Sorte e #talentogalego!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Empresa beneficiaria: Grupo Galejobs SL

Actuación subvencionada: PERSUS: Nova solución integral baseada en Intelixencia Artificial e analítica avanzada para unha xestión de persoas consciente e estratéxica desde RRHH.

Financiación: 143.010,16 €

Convocatoria: IA360. Ayudas para el desarrollo tecnológico y la innovación mediante el uso de la Inteligencia Artificial – PRTR Galicia 2025

Objetivo del proyecto

O proxecto obxecto de subvención vai consistir en: PERSUS é unha solución tecnolóxica de ciencia de datos aplicada á xestión de persoas, deseñada para transformar a función de Recursos Humanos (RRHH) mediante intelixencia artificial (IA) e analítica avanzada. O seu obxectivo é universalizar a profesionalización da xestión do capital humano, eliminando a necesidade de custosas consultoras externas e permitindo que as empresas tomen decisións estratéxicas baseadas en datos de maneira eficiente e precisa.

 

Crea una cuenta en Galejobs

Busco trabajo Ofrezco trabajo