CREA PERFIL PARA INSCRIBIRTE EN LAS OFERTAS

A cotización do autónomo e outras novas laborais

trabajo-contable-2

Emprego, cotizacións para autónomos, sectores en crecemento… Estas son algunhas das novas de hoxe, 13 de Xaneiro de 2016, que che poden interesar.

– A idade límite | Autónomos
Atención autónomos/as: Se tes máis de 65 anos e tes 35 anos e 9 meses de cotización efectiva, estás exento de cotizar na Seguridade Social. Máis información.

– Sectores que medran | Emprego
O sector téxtil acumula 2 anos de crecemento. Aínda que o retraso da chegada do frío en Decembro paralizou temporalmente as transaccións, o certo é que o sector remata o 2015 cun aumento nas vendas dun 5,1%. Máis información.

– Funcionarios sen paga extra | Emprego público
Ata agora, só Extremadura devolveu toda a paga extra aos seus funcionarios. Galicia é unha das Comunidades Autónomas que prevén completar o reintegro da paga extra aos funcionarios durante o 2016. Máis información. 

– Calendario Laboral 2016 | Festivos
Andas pensando en escoller os teus días de vacacións este ano? Aquí tes un resumo: O 2016 chega con dous festivos nacionais que caerán en venres (1 de Xaneiro e 25 de Marzo), otro en luns (15 de agosto) e outros en martes e xoves (1 de novembro e 6 e 8 de decembro), ademáis do 12 de Outubro (mércores). Máis información.

– Queres traballar no Banco de España? | Emprego
O Banco de España procura 68 técnicos. Requisitos: Ter unha licenciatura universitaria ou titulación universitaria cun mínimo de 240 créditos europeos (Grao e/ou Posgrao). Máis información.

– Baixo aumento de sueldo | Salarios
As subidas salariais están lonxe do objetivo do 1%, pactado por patronal e sindicatos. No documento asinado en Xuño, acordouse esa cifra para compatibilizar o mantemento e a creación de emprego coa recuperación de poder adquisitivo. Sen embargo, a realidade está alonxada do acordado. Máis información.

– IVA galego | Impostos
O Ministerio de Facenda prevé un aumento do 10,6% na recadación do IVA en Galicia durante o 2016. A Administración central ingresará á galega  máis de 1.902 millones de euros este ano, o que evidencia a importancia do consumo dos fogares coma motor para deixar atrás a crise. Máis información.

– Alcoa con perdas | Empresas
O grupo Alcoa pecha 2015 con perdas de 112 millóns de euros e que contrastan cos 248 millóns de euros de beneficios do ano previo. A multinacional ten tres fábricas en España, en A Coruña, San Cibrao e Avilés, que suman preto de 3.000 operarios. Máis información.

– A importancia de aforrar tempo | Productividade
Sabemos o importante que é a toma de decisións fundamentada na empresa. Por iso, o luns 18 de Xaneiro comezan estes 4 cursos que che axudarán a xestionar os datos e KPIs con máis rapidez para saber que é o mellor para o teu negocio.
1. Curso Excel para Profesionais e Directivos: https://lnkd.in/eHsb6dR
2. Curso Excel para Xestión de RRHH: https://lnkd.in/e3b3Brz
3. Curso de MACROS con VBA: https://lnkd.in/eHXBnCN
4. Curso PowerPivot: https://lnkd.in/eaS2u4v
Últimos días para apuntarse.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

 

Crea una cuenta en Galejobs

Busco trabajo Ofrezco trabajo