CREA PERFIL PARA INSCRIBIRTE EN LAS OFERTAS

‘Recarga tu ciudad’

recarga-tu-ciudad-creador-3

Que pasaría se te das de conta de que a idea que che rondaba a cabeza poder convertirse en realidade? Esta é a historia de Álvaro e ‘Recarga Tu Ciudad’.

 

Álvaro Santamaría ten 49 anos e hai uns meses decidíu apostar por unha idea que levaba anos rondándolle os miolos: “Xa non me lembro nin cando o pensei por primeira vez”, dí sorrindo. O seu é un proxecto une a robótica, a electrónica e a ecoloxía e ten coma obxectivo aproveitar a enerxía que xeran os vehículos ó frear, ata agora malgastada. 

Cóntanos de que trata o teu proxecto?

É un sistema que aproveita a enerxía cinética dos vehículos cando acceden ás cidades ou saen dunha autovía na que teñen que frear. Ata agora, esa enerxía perdíase porque se transformaba en calor.

O sistema que propoño é unha plataforma á que chamo recargador, que se coloca no chan e recolle parte da enerxía que se perde na freada, transformándoa en enerxía eléctrica. E, ademáis, o conductor aforra gasto de freada porque o propio recargador axúdalle a frear.

Entón propoñes instalar eses recargadores nos núcleos urbáns?

Sí, irían na estrada e poderían incluso sustituir ós actuais badéns. De feito, ademáis de xerar electricidade, son menos perigosos xa que, o final desta rampa baixa ata a altura da rúa e non provoca un salto do vehículo.

Económicamente falando, é un proxecto viable para cidades coma Coruña, Vigo ou Santiago?

Sí, é viable. Púxenme en contacto hai pouco co alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, para propoñerlle que sexa unha das cidades pioneiras na instalación deste sistema. A miña idea é que Coruña sexa unha lanzadera que amose o funcionamento dos recargadores, instalándoos en puntos de moita afluencia de tráfico. Por exemplo, na zona de Alfonso Molina xusto pasado Cuatro Caminos, que é unha das zonas de maior freada e entrada á cidade.

A satisfacción persoal de crear algo teu non se paga con cartos

Temos entendido que a túa idea conta xa con un par de premios.

Sí. O COIE, da UNED, organizou un curso de emprendemento e, posteriormente, un curso de mentoring e emprendemento avanzado. Entre tódolos alumnos, fíxose un concurso para premiar á mellor idea de España e tiven a sorte de quedar primeiro nos dous.

Cales son os teus estudos e traxectoria antes de chegar a este achado?

Estudeu Electrónica hai anos. Agora estaba a facer Dereito na UNED mais quedoume unha asignatura. E para aproveitar o meu tempo, embarqueime nesta aventura que tiña en mente hai moito pero que, ata que non fixen un curso de robótica, non sabía como poñer en práctica. Tiña claro que o dispositivo o tiñamos que instalar na estrada pero como xestionalo? A robótica era a peza que me faltaba para controlar o dispositivo. E tamén para arranxalo porque, se un recargador ten unha avería, ten que ser doado de abrir e reparar.

recarga-tu-ciudad-boceto

Lembras o momento no que se che ocurríu esta idea?

Puf… Teño a idea nos miolos dende hai tanto que xa non me lembro. O tiña na cabeza pero non sabía como poñelo en práctica. É destas cousas que ás veces se che ocorren sen mais; estaba vendo pasar os coches cos badenes da rúa facendo ruído ata que pensei que se podería poñer otra cousa no chan que, servindo para o mesmo, aportase algo máis e, ademáis, organizase menos balbordo (risas).

Xa está á venda?

Niso estamos. Primeiro, era organizar a idea; e agora estou na fase de financiación. Teño varias reunións programadas e agardo que algunha cidade se anime a apostar por este sistema para poder amosar á xente toda a enerxía que xera e a rentabilidade que ten. Non é que cada coche estrague moita enerxía pero é que en Coruña, por exemplo, entran 100.000 coches diarios… O volume de tráfico é inmenso e o proxecto pretende aforrar esa enerxía estragada e, á vez, permitir ó conductor aforrar en enerxía de freada.

O proxecto é viable e conto con crear 4 ou 5 postos de traballo xa na primeira fase

Que presuposto precisas para poñer este proxecto en marcha?

O mínimo para facer as cousas ben sería 300.000 euros. A idea é que, unha vez que poidamos producir en serie, cada recargador custe sobre 3.000 euros. Sen embargo, coa capacidade de xerar enerxía que teñen, a inversión en cada recargador recupérase nun prazo de seis meses aproximadamente. A partir de aí, xa será beneficio.

Se esto vai ben, ademáis de xerar enerxía, pode ser que acabes tamén por xerar emprego?

Sí. Se consigo a financiación, xeraría xa para comezar 4 ou 5 postos de traballo para enxeñeiros. Esto na primeira fase. Despois se segue a crecer, precisaría tamén persoal para a montaxe e instalación dos recargadores. E, de cara a 5 anos, teño pensado internacionalizar.

Eu estou convencido de que vai funcionar porque é viable, funciona e que cidade non vai querer aforrar enerxía? Certo que deben facer unha inversión previa mais en 6 meses xa a recuperan.

A Administración Pública da pouco apoio á empresas de producción en favor de empresas orientadas a servizos. Pero creo que da moita máis riqueza o fabricar algo. Creo que é moi importante que se volvía apoiar ó sector industrial.

A Administración Pública debería apoiar máis ós proxectos industriais.

Como ves o panorama galego á hora de emprender?

Eu creo que está xenial toda a formación para emprender e aprender o que supón o emprendemento. Pero déixante aí. Se eu agora quero buscar subvencións ou plantexarme como sacar adiante este proxecto, teño que buscarme a vida só. A nivel público, eu non atopei ningunha vía nin a quen dirixirme para que me axude nesta fase.

Que lle dirías á gente que, coma ti, xa está na cuarentena e cre que non pode atopar traballo ou crear o seu proyecto debido á idade?

Entendo a súa preocupación porque hai empresas que xa non valoran contratarnos. Semella que, se tes certa idade, non sabes como funciona un ordenador. Mais aínda que eu non nacín cos ordenadores, sí os vin medrar.

A vida é moi longa e se cres que por ter 40 anos xa fixestes todo o que tiñas que facer, estás moi equivocado. Eu sigo estudando e tentando facer cousas que me motiven.

Sempre lembro un artículo chamado O home máis feliz do mundo de Paulo Coelho sobre un home que, con máis de 60 anos, convertérase en editor porque sempre fora o soño da súa vida e nunca tivera a oportunidade ata ese momento. A felicidade que sintes ó crear algo teu e algo no que cres, esa satisfacción persoal… non se paga con cartos.

 

 

One thought on “‘Recarga tu ciudad’”

Deixa una resposta a Álvaro Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

 

Crea una cuenta en Galejobs

Busco trabajo Ofrezco trabajo