CREA PERFIL PARA INSCRIBIRTE EN LAS OFERTAS

É bó traballar moito?

trabajar-mucho-infarto

Máis de 55 horas á semana no posto laboral poden danar as arterias e aumentar o risco de ictus nun 33%. O perigo de sufrir un ataque ó corazón é un 13% maior.

Que levanten a man aqueles que teñen un horario de traballo ata as 7 da tarde pero sempre quedan ata as 8. Ou aqueles ós que sempre se lles acumula o traballo e teñen que ocuparse del na fin de semana. É o teu caso? Se este é o teu ritmo de traballo, pode que as horas extras estean danando non só a túa vida familiar senón tamén as túas arterias.

Nos países da OCDE, sobre un 12% dos empregados homes e un 5% das mulleres teñen que estar máis de 50 horas á semana no seu posto. E, segundo un recente estudo de The Lancet, aqueles que teñen horarios de 55 horas ou máis teñen máis riscos de sufrir un accidente cerebrovascuar (ictus) e infarto de miocardio.

O 12% dos empregados homes e un 5% das mulleres teñen que estar máis de 50 horas á semana no seu posto.

A profesora de Epidemioloxía na Universidade College London (Reino Unido) e directora do estudo, Mika Kivimäki, analizou 25 estudos con datos de 603.838 homes e mulleres de Europa, Estados Unidos e Australia durante unha media de 8,5 anos. Ó lado, puxeron os datos obtidos en 17 traballos con máis de 528.908 homes e mulleres. E compararon.

Os resultados quitan as ganas de facer horas demáis: Detectaron un aumento do 13% do risco de sufrir un ataque ó corazón naquelas persoas que traballaron 55 horas ou máis á semana en comparación cos que traballaron 40 horas. E non acaba aí: os traballadores en exceso amosaron un risco de ictus un 33% superior á xente cunha xornada laboral de 8 horas ó día.

Os estudos avaliados “permítennos investigar a asociación entre horas traballadas e risco de enfermedade cardiovascular con máis precisión do que foi posible ata agora. Os profesionais da saúde deberían ser conscientes de que una xornada laboral larga está asociada cun maior risco de ictus, e pode que de infarto”, explica Kivimäki.

As personas que traballan 55 horas ou máis teñen un 13% máis de risco de sufrir un ataque ó corazón

Non están moi claros os motivos tras esta asociación, mais disque poden ter que ver coa inactividade física, o maior consumo de alcohol e un alto grao de estrés, asociado ás largas xornadas de traballo.

Enrique Galve, Presidente da Sección de Riesgo Cardiovascular e Rehabilitación Cardiaca da Sociedad Española de Cardiología, valora en El Mundo que “é un artigo interesante pero non aclara as causas, aínda que sí vemos unha relación” e engade: “A xente que pasa moitas horas no traballo teñen un compromiso laboral moi forte e, por ese motivo, minimizan os seus síntomas porque non poden permitirse deixar o seu posto e ir ó médico”.

O feito é que nos países da OCDE, un 12% dos homes pasa máis de 50 horas traballando. Galve recoñece que estas persoas “teñen menos tempo para facer deporte e comen peor”, dous factores que van moitas veces asociados a colesterol alto, diabetes, tabaquismo e hipertensión así coma unha vida sedentaria.

E vai máis alá afirmando que “as condicións de traballo son determinantes na saúde” e lanza unha idea ó ar: “Con tanto desemprego, non ten senso que grupos de individuos traballen 14 horas mentres outros están no paro”.

Que pensades vós?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

 

Crea una cuenta en Galejobs

Busco trabajo Ofrezco trabajo