CREA PERFIL PARA INSCRIBIRTE EN LAS OFERTAS

“Hai moito talento no sector TIC galego pero falta apoio”

equipo-parkapp-tic-galicia

Parkapp: a app que actualizou os aparcadoiros en Galicia

Hai dous anos, estes 8 galegos uniron forzas e apostaron por un proxecto común que aunaba o tradicional mundo dos aparcadoiros cun elemento tan actual coma as app. Asi naceu Parkapp, un proxecto do sector TIC finalista dos Premios Emprendedor XXI e participante do recoñecido Mobile Worls Congress.

Agora, falamos con Víctor Lima, CFO (Director Financieiro) de Parkapp, sobre a súa experiencia, os seus obxectivos e sobre como é emprender no sector TIC en Galicia.

  1. Que é Parkapp e cales son os seus servizos?

Parkapp é unha plataforma online para aforrar cartos nos parkings públicos. Contamos cunha web de reservas con 200 aparcadoiros en España que che permite atopar o parking máis axeitado as túas necesidades cun comparador. O obxectivo é que poidas aforrar ate un 60% no prezo dos aparcadoiros. Ademáis tamén contamos cunha app para o móbil, cas mesmas funcións de reserva, pero que tamén che facilita a xeolocalización do automóbil, o acceso directamente co teu teléfono ós teus datos e reservas e o pago online dende a túa conta. O usuario do sistema recibe unha factura mensual co detalle dos servizos empregados.

  1. Dicide a verdade: Creáchedes Parkapp para que vos axude a atopar onde aparcáchedes o coche…

Pois ainda non incorporamos esa función pero é certo que algún amigo nos falou do tema despois dunha noite de borracheira… Esquecera o coche ¡e tardou tres días en atopalo!

  1. Como e por que comezou o proxecto Parkapp?

Varios dos nosos socios proviñan do sector do parking e viron a necesidade de dixitalizar un mundo tan tradicional como é o dos aparcadoiros. A partir diso, desenvolvemos unha aplicación móbil para acceder ós mesmos, co obxectivo de eliminar os tickets, as moedas, as colas e os recibos. E, a medida que se foron asociando aparcadoiros á nosa app, decatámonos de que tamén era una app moi útil para eles pois lles da unha información exhaustiva do volumen de usuarios que teñen; e, por outro lado, permite ós usuarios reservar por adiantado o seu espazo para aparcar.

  1. Quen está detrás de Parkapp?

Somos todos socios cun amplo bagaxe no mundo da empresa. Cada un de nos é especialista na súa faceta. Entre outros temos programadores, comerciaiss, deseñadores, financieiros… Agora mesmo, o equipo de Parkapp somos 8 emprendedores pero esperamos medrar máis en pouco tempo.

En Galicia falta cultura inversora e crer en nós mesmos. Hai moito talento pero desenrolar proxectos require tempo, cartos e apoio.

  1. Hai canto que comezáchedes co proxecto?

Empezamos a finais do 2013 mais a actividade comezou a mediados de 2014. Estivemos desenvolvendo o proxecto durante 9 meses, ¡como se fora un fillo! Levamos pouco tempo vendendo pero xa sucederon moitas cousas en Parkapp; tivemos que pivotar e aprender rápido sobre o mundo dos negocios online.

  1. Tedes sido parte de Galicia Open Future. Que vos aporta participar?

Este foi o primeiro ano de Galicia Open Future e temos a honra de ter participado. O evento prolongouse algo máis de seis meses e tivemos formación e titorización continua. Tamén aportáronos moitos contactos nesto do business. Este tipo de eventos son magníficos para poder comezar e desenvolver un proxecto, xa que a organización en todo momento trata de apoiarnos e levar a bo porto esta aventura. Tivemos a sorte de coincidir e competir con proxectos impresionantes e con xente con moito talento.

  1. Teño entendido que estivechedes no Mobile World Congress 2015. Como foi a experiencia? Animades a outros emprendedores a asistir?

Ese evento é espectacular. Debe haber poucas xuntanzas do calibre desta no mundo. Todos os gurús e toda a tecnoloxía xuntos nunha feira única. Nos tivemos moitisimas visitas no stand e fixemos contactos moi interesantes. O que queira pintar algo no mundo das apps e das tecnoloxías relacionadas cos móbiles ten que pasarse por o Mobile World Congress.  Importante: levade o inglés fresco!.

  1. Hai que sair de España para triunfar nas TIC?

Non é necesario. Se ben é certo que dende aqui temos que facer un esforzo un pouco maior, sobre todo porque as condiciones da financiación e a escasez de inversores non axudan. Hoxe en día, existen moitos xeitos de traballar desde Galicia e triunfar nas TIC sen ter que marchar de aqui.

Nós, e outros proxectos coma nos, participamos en innumerables eventos en concursos a nivel nacional e algún internacional… e podo dicirvos que o potencial dos proxectos galegos está altura dos mellores.

Participamos en eventos internacionais e vimos que o potencial dos proxectos TIC galegos está á altura dos mellores do mundo.

  1. Que falta en Galicia para potenciar máis o talento galego?

Falta ter unha estructura financieira propia e non so me refiro os bancos. Falta cultura inversora e crer en nós mesmos. Tamén temos que aprender a organizarnos mellor porque temos moitos organismos e pouca eficiencia. Hai moito talento, pero desenrolar proxectos require tempo, cartos e moito apoio.

  1. Un consello para os emprendedores galegos?

Non sei se somos os axeitados para dalos porque somos un pouco temerarios. Eu diríalles que non hai nada que perder, que hai que darlle para adiante sen medo porque esto conseguese traballando arreo. Eso sí: ben organizados e cun plan. E por último, saír ó mundo sen complexos a pelexar, buscar clientes, partners, proveedores en Madrid, en Barcelona, en China ou onde faga falla.

One thought on ““Hai moito talento no sector TIC galego pero falta apoio””

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

 

Crea una cuenta en Galejobs

Busco trabajo Ofrezco trabajo