CREA PERFIL PARA INSCRIBIRTE EN LAS OFERTAS

Que é Galejobs

galejobs-quen-somos-blog

Os catro caxatos

Un bó camiñante leva sempre un caxato. Nós, por medo a caer, levamos catro sen os que non podemos -nin queremos- iniciar este camiño.

“O motivo polo é importante ter paixón polo traballo é porque, senón, é moi fácil rendirse”. Steve Jobs falaba así nunha entrevista hai xa uns cantos anos. E é curioso porque non temos nada que ver con este home -xa covertido en icono do emprendemento- porque estamos moi lonxe de onde vivía e traballaba. Mais compartimos con él un pensamento: precisamos paixón para traballar coas ganas de quen sinte que o que fai, importa, cambia e, a poder ser, mellora o entorno no que vive. Esa é unha das nosas metas que esperamos cumplir paseniño.

“Moita xente pequena en lugares pequenos facendo cousas pequenas pode cambiar o mundo”. Eduardo Galeano tiña claro que o importante é a acción, cada acción, porque xuntas poden supoñer un cambio. Moitas veces, semella imposible que unha idea mova montañas mais é posible que cada ún de nós sexa – como dí a Teoría do Caos– esa bolboreta que bate as alas e provoca – sen sabelo- unha tempestade no outro lado do mundo. Nunca saberemos o resultado de algo que non intentamos. E esta é a nosa aposta: unha aposta pequena que espera mellorar, chisco a chisco, a realidade laboral na que vivimos.

“Este vaise i aquel vaise, e todos, todos se van. Galicia, sin homes quedas que te poidan traballar”. Este poema de Rosalía de Castro é tristemente actual de novo. Como galegas, coñecemos o pasado da nosa terra, e tentamos cambiar o presente para mellorar o futuro. Tentaremos promover o emprego, tanto en cidades coma en vilas ou aldeas, para que, se alguén marcha, non sexa obrigado.

“O home que se levanta é ainda máis grande que o que non caeu”. Rescatamos esta frase da escritora galega Concepción Arenal porque sabemos que moitos estades (e estamos) a caer, a errar e a darnos de conta de que as cousas non son tan sinxelas como críamos hai uns anos; que custa erguerse para traballar pero máis custa erguerse para non facelo. Sabemos que non hai nada máis complicado que animar a quen perdeu a esperanza pero tamén sabemos que a esperanza aférrase ás entrañas de quen un día a tivo. E agora chamamos por ela, pola vosa esperanza, para recostruir Galicia, xerar oportunidades e apostar polas vosas ideas e talento galego. Sabemos que non é fácil; pero queremos recordarvos que é posible.

Así, en Galejobs movémonos con este catro caxatos – paixón, humildade, cercanía e consciencia- e comezamos o camiño con Galejobs coa idea de medrar xuntos. Comezamos?

4 thoughts on “Que é Galejobs”

  1. é a primeira vez que atopo esta páxina, xusto cando busco traballo e necesito forzas para seguir adiante. Graciñas por este proxecto.

Deixa una resposta a Estela Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

 

Crea una cuenta en Galejobs

Busco trabajo Ofrezco trabajo