CREA PERFIL PARA INSCRIBIRTE EN LAS OFERTAS

“O máis importante é ter os conceptos claros para evitar erros nas comunicacións á Seguridade Social”

Formación , , Compartir noticia en Menéame: “O máis importante é ter os conceptos claros para evitar erros nas comunicacións á Seguridade Social”

blog-galejobs-siltra

Neste podcast falamos coa nosa docente do curso de Siltra, que nos conta por que o precisan tódalas empresas e cales son os erros máis comuns.

Se traballas xestionando e enviando documentación á Seguridade Social, probablemente teñas ouvido falar de Francisca Fidalgo, Xefa do Negociado Siltra na Tesourería Xeral da Seguridade Social na Coruña. Ela é a nosa docente do curso de Siltra (2dec, A Coruña) no que che ensinaremos a empregar axeitadamente esa ferramenta.

Podes escoitar o podcast da entrevista que lle fixemos aquí:

(Segue a ler despois do video)

Prefires ler a entrevista? Velaquí a tes:

GALEJOBS. Poderías explicar de forma sinxela que é o Siltra e o Sistema REDE, para toda esa xente que aínda non o ten claro ou que non escoitara falar del? 

FRANCISCA FIDALGO. O Sistema RED engloba tanto o Sistema de Liquidación Directa (Siltra) como o Sistema RED en Internet. O Sistema de Liquidación Directa é o modo de transmisión á Seguridade Social.

O Siltra se subdivide en dous apartados que son: Remesas e Redirecto. Remesas é para aquelas empresas ou usuarios que teñan códigos de conta con máis de 15 traballadores e que empregan programa de nóminas.

E Redirecto é para aquelas empresas queteñan menos de 15 traballadores, que non dispoñen de programas de nóminas e que queren facer todo a través da páxina web. Por iso teñen un acceso directo onde confeccionan o TC2 e fan o envío dos seguros sociais.

G. É obrigado empregar Siltra nas empresas?

FF. Sí, todas as empresas dende hai anos teñen que estar no Sistema RED. Ao darse de alta coma empresa, deben enviar a cotización e transmitir todos os datos por este novo sistema. E hai un prazo para que as empresas que empregaban o sistema antigo se pasen ao novo.

G. Que melloras trae este novo sistema?

FF. A cotización é máis exacta e nós hacemos coma unha especie de facturación. A empresa ou os usuarios/as mandan as bases de cotización e o que se fai é coller os datos de cada un/unha dos traballadores/as que figuran e calculamos os seguros sociais. Se eses traballadores/as teñen bonificacións ou reduccións se lle aplican directamente.

O que pasaba antes co sistema antigo é que as empresas mandaban os datos e facían un cálculo mentres nós faciamos o noso. E atopábanos moitas diferencias e problemas porque moitas veces os datos que nos transmitían non coincidían cos que tiñamos nós.

Por iso, tiñamos moitos casos de reclamacións por bonificacións improcedentes, entre outras cousas.

G. Téñense feito actualizacións do programa Siltra neste 2016, que a xente que o empregaba antes pode non coñecer?

FF. Lóxicamente, sí. O sistema vai variando e sempre se lle inclúen máis servizos e actualizacións que se lle comunican aos usuarios/as nos correspondentes boletíns da Tesourería.

G. Cales son os erros ou consultas máis habituais por parte das empresas?

FF. Nestes 30 anos de traballo, as consultas cambiaron moito. Actualmente, hai bastante descoñecemento de moitos trámites. E recoñezo que ás empresas e traballadores ás veces se lles complica un pouco todo cos procedementos porque son demasiados papeis…

Por exemplo, o cambio que comentaba da cotización supuxo un xeito de cotizar distinto e pasouse dunha ferramenta que os usuarios/as xa manexaban con soltura a un programa que non é máis complexo, pero sí totalmente diferente.

Sobre as dúbidas, hainas sobre todo… Como se teñen que mandar os arquivos, como teñen que rectificar, se poden aplicar unha compensación, as bonificacións… Hai infinidade de preguntas.

G. A quen está dirixido o curso?

FF. A todos os usuarios/as que levan a parte de laboral da empresa e se encargan do envío dos seguros sociais, a afiliación, os conceptos retributivos abonados, partes do INSS, etc

G. Que temas vas tratar no curso do día 2 de decembro na Coruña e que lle pode aportar aos asistentes?

FF. Intentaremos que saian cas ideas moi claras. Non entraremos en supostos concretos senón nos principios básicos. Isto é un círculo e está todo entrelazado. Se tes os conceptos claros -como iniciar o proceso do envío, de afiliación…-, todo vai fenomenal.

Tentaremos transmitir moi claramente os pasos que teñen que seguir dende que inicia a presentación. O cambio máis importante é que saiban que o prazo de presentación termina o penúltimo día de mes. Ademáis aprenderán onde teñen que recoller a información, como a teñen que xestionar e facer os arquivos, que teñen que enviar, os novos términos que se empregan na ferramenta…

> Podes ver/mercar o curso aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

 

Crea una cuenta en Galejobs

Busco trabajo Ofrezco trabajo