CREA PERFIL PARA INSCRIBIRTE EN LAS OFERTAS

“As empresas deberían asistir ao Foro da Comunicación de Galicia por egoísmo”

logo-markea

En Galejobs falamos co presidente do Clúster da Comunicación de Galicia, Jose Luis Reza, sobre a cuarta edición do Foro da Comunicación.

Galejobs participará no 4º Foro da Comunicación de Galicia o 4 de novembro en Ourense. E xa que nos van deixar falar do noso benquerido proxecto, quixemos ceder un pequeno espazo aos organizadores para que nos conten un chisco máis do seu.

Os invitado ao noso blog é José Luis Reza, presidente do Clúster da Comunicación de Galicia, que nos fala da importancia e motivos de organizar este evento.

1. Cal é a finalidade de eventos coma o Foro da Comunicación en Galicia?

Poñer en valor e compartir entre todos os axentes do sector o traballo que se está facendo en Galicia. E que, sen dúbida, está a primeiro nivel internacional.

2. Crees que a comunicación é un departamento valorado nas PEMEs de Galicia?

Todavía temos moito camiño por diante para que, tanto o marketing coma a comunicación, sexan máis tidas en conta nas nosas empresas. Cada día temos máis peso, pero aínda non é suficiente.

Precisamente para iso está o Cluster da Comunicación de Galicia e as Asociacións e Empresas que formamos parte del. Ese é o noso traballo.

markea campana en galicia

3. Dende Markea, tendes a labor de conectar aos profesionais de marketing de Galicia e prestixiar ese eido. Markea surxe porque non sentíades o talento galego do marketing valorado?

Máis que non estar valorado o que ocorre é que non é coñecido. E non podes valorar o que non coñeces. Markea xurde dunha necesidade dos profesionais do sector… Temos que vernos! Temos que compartir experiencias! Temos que aprender uns dos outros! Temos que xerar sinerxias para as nosas empresas! Eso era o que escoitábamos antes de crear Markea.

4. Cales son os piares dunha boa comunicación corportiva externa? E interna?

Tanto para un coma para o outro o máis importante é ter claro cal é o posicionamento da nosa empresa. Se temos claros cales son os factores que nos identifican e que son valorados polos nosos clientes o resto ben dun xeito natural.

5. Ata que punto os medios dixitais cambiaron as normas do xogo na comunicación corporativa?

Non creo que cambiaran as regras do xogo, cambiaron os medios, e coma sempre, cando hai un cambio de paradigma, hai axentes que dan un paso adiante e outros que o teñen que dar cara atrás.
A nivel empresarial internet ofrécenos todo un mundo novo, co positivo que eso ten de cara a crear oportunidades, e negativo na medida en que competimos contra todo o planeta. Pero iso non é malo per se.

6. Por que deberían as empresas gallegas asistir a eventos coma o Foro?

Por egoismo. No Foro de este ano teremos a persoeiros tan relevantes coma José Luis Bonet, o Presidente de Freixenet e do Foro de Marcas Renombradas Españolas; Marçal Moliné, a historia viva da Publicidade Española; ao galego Adolfo Fernández, Director de Desenvolvemento de Negocio de Google España e Portugal…

8. Tres recomendacións que deben facer para os profesionais do marketing en busca de emprego en Galicia.

Prepararse ben. Formarse ben, pero non eternizarse nese aspecto; tratar de coller toda experiencia posible coma sexa, con becas, prácticas, axundando a unha ONG… e demostrar o diferentes e o creativos que somos nesta terra.

9. E tres cousas que non deben facer?

O principal é non ter medo. O medo non conduce a nada. Hai que botarlle morro. É sorpredente as cousas que se consiguen cando os galegos perdemos os complexos.

E ti que nos estás a ler, vas vir ao 4º Foro da Comunicación de Galicia? Infórmate aquí sobre como asistir.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

 

Crea una cuenta en Galejobs

Busco trabajo Ofrezco trabajo