CREA PERFIL PARA INSCRIBIRTE EN LAS OFERTAS

Outdoor Training: Fomentando a produtividade na empresa

equipo de trabajadores juntos buscan productividad

O bo ambiente na oficina e o traballo en equipo poden marcar a diferencia entre o éxito e o fracaso. Por iso, nace o Outdoor Training para empresas que queren máis productividad.

Productividad. Productividade. Productivity. Chámaa como queiras pero sabemos que é o que buscas, tanto a nivel empresarial coma persoal.

Porque ao final a productividad permite facer o que queremos no menor tempo posible. Quen non quere iso? Mais, podo facelo só? Imaxina que queres cruzar un río e non tes como. Hai árbores preto coas que podes facer unha ponte, un bote ou mesmo lume para pasar a noite mentres procuras cea. Pero non podes soa/só e por iso traemos este curso que fará medrar a ti, ao equipo e á vosa productividad.

Porque o mesmo pasa no día a día laboral, no que a axuda dun compañeiro/a pode marcar a diferencia entre o éxito e o fracaso. E o máis importante: é un éxito e fracaso compartido que non só marca o teu futuro senón o futuro laboral de toda a empresa e proxecto común. Aí é onde entra o curso Outdoor Training para empresas, que busca fomentar a produtividade e desenvolver novas habilidades nos traballadores.

Que é Outdoor Training?

O Outdoor Training persigue potenciar as habilidades laborais e personais dos traballadores mediante unha metodoloxía vivencial, é dicir, en base ás experiencias de cada quen e como as aplican no seu traballo.

O Outdoor Training consiste en facer xogos ou actividades en equipo: rappel, espeleoloxía, construcción de balsas ou pontes, actividades de supervivencia, orientación… ou mesmo actividades acuáticas e sí, tamén en ambientes urbanos.

Expoñer aos empregados á resolución de problemas no medio natural permite igualar aos participantes, esquencendo se o seu posto é directivo ou base. A incerteza e inseguridades sobre o que ven e como solventalo permite analizar a resposta dos participantes a situacións desconocidas para eles, amosando o rol que cada quen adquire, a empatía e ayuda que ofrecen e as novas competencias que son quén de desenvolver.

O guía ou facilitador da actividade axuda aos asistentes a que desenvolvan as súas habilidades, aplicables á súa vida laboral na empresa.

trabajadores uniendo manos en equipo por outdoor training

Para que serve?

A través destas actividades -xeralmente en exteriores e, nalgún caso, con complementos en interiores-, poténcianase as relacións personais entre os participantes, o compañerismo, traballo en equipo, capacidades de organización, desenvolvemento da capacidade de liderado… entre otras.

Dende fóra, pode parecer unha actividade deportiva -que en moitos casos, tamén o é-. Sen embargo, o que se está a desenvolver é un proceso educativo para potenciar as habilidades laborais dos traballadores, tanto de postos base coma directivos.

Ademáis, facilita e promove a creación dunha sensación de pertenza e cultura corporativa que axudan á implicación dos participantes.

Cando naceu e de onde ven?

Esta técnica de Recursos Humanos é novedosa en España, aínda que ten a súa orixe na época da Segunda Guerra Mundial en Estados Unidos e Gran Bretaña.

Alí, comezou a ser aplicada nas escolas. Debido á loita que se estaba a levar a cabo, nos colexios comezáronse a ensinar coñecementos militares para ensinar a deseñar estratexias efectivas de traballo en equipo.

Tempo despois, algunhas desas ideas comezaron a aplicarse nos equipos directivos, mandos superiores e mandos intermedios, para conseguir que melloraran a súa produtividade.

Mais pouco a pouco, foise vendo a importancia de aplicar estas estratexias en tódolos eidos da empresa, tanto en postos base coma na xerencia. A motivación e a mellora do bo ambiente laboral melloraban o coñecemento persoal de cada un, o seu traballo coma equipo e, coma resultado, fomentaban a mellora da produtividade.

Casos de éxito: Empresas que empregan Outdoor Training

Twitter, Google, PwC ou mesmo Apple son algunhas das empresas que teñen empregado estes métodos para fomentar a produtividade e bo ambiente nos seus equipos.

En Google, por exemplo, compaxinan estes métodos con outras acciones coma a ensinanza entre traballadores, que consiste en fomentar que uns empregados compartan cos outros parte dos seus coñecementos e todos medren xuntos, facendo medrar á empresa.

O curioso é que este sistema de Google comeza xusto na mesma entrevista de traballo, onde o recrutador/a pide ao candidato/a que lle ensine algo que él/ela non saiba. Deste xeito, non só aprenden algo novo dese candidato/a senón que poden detectar a súa capacidade para explicar, a súa empatía explicando o novo dato e que coñecer unha das súas paixóns.

Como aplicalo na miña empresa

Galejobs ofrece un programa de Outdoor Training a medida para as empresas. Só tes que indicarnos onde estás e o número de xente participante para que che organicemos un curso que axude á túa empresa a seguir medrando e consolidando o teu equipo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

 

Crea una cuenta en Galejobs

Busco trabajo Ofrezco trabajo