Hoxe en Galejobs falamos de competencias, traballo e cv oculto.
Non hai moito que realizamos o webinar gratis ‘Como crear o CV que precisas’ e algúns dos asistentes ao webinar, pediron que lles mandáramos algunha da información da que falamos e pensamos: Por que non ofrecela a todo o que a precise?
Sí, sabemos que xa pasaron unhas semanas. Non, nos cae a cara de vergoña -bueno, un chisquiño-. Ao noso favor, diremos que andivemos coñecendo a algúns de vós na Feira de Emprego de IFFE Business School, entrevistando a outros para distintos postos e buscando ofertas que traervos á web ademáis de organizando cursos. Sí, facemos todo iso! Pero non nos esquencemos de vós e o prometido é débeda.
Así que hoxe vimos centrarnos nunha das primeiras fases da busca de emprego: a autoanálise.
1. Que busco, que ofrezo
Moitas veces cando pensamos en que queremos, acabamos pensando en que opciones hai no mercado ou en que temos estudado ou de que temos traballado. Pero a pregunta que busco vai máis alá.
Poñemos un exemplo. Cando nas ferias de emprego ou sesións de orientación laboral, preguntamos aos candidatos que buscan, moitos respostan: o que sexa. E é comprensible, é normal que moitos dos que buscan emprego estén abertos a tódalas opcións posibles porque precisan traballar e o precisan para onte. Pero esa resposta non é o resultado de buscar, é a consecuencia de atopar.
E salvando casos terribles e desesperados, cando falamos sobre orientación profesional e dicimos ‘quero calquera traballo’, o que amosamos é falta de orientación.
É coma decir ‘son capitán’ pero soltar o timón do barco á espera de que o vento me leve a onde quiera. Pode que chegues á terra ou pode que acabes co barco escachado contra as penas mais, en ámbalas dúas opcións, o destino do barco o decide o vento, non o capitán.
Así que sempre é recomendable repasar a nosa traxectoria, lembrar aquelo que nos move e fai que o día pase máis rápido e reflexionar sobre a forma de unir esas dúas cousas.
Unha vez temos claro que buscamos, imos a parte de que ofrezo. E sí, esta pregunta tamén vai máis alá do que podo pensar nun inicio.
2. O que ofrezo: emprego e traballo
Para pensar que ofrecemos, primeiro é certo que podemos voltar a repasar a nosa traxectoria profesional. Pero só a profesional? Todo o que sabemos facer, aprendímolo no noso emprego? E agora que falamos diso, que é traballo e que é emprego?
O emprego é a actividade á que unha persoa se dedica e pola que cobra un soldo. É dicir, o emprego é o desempeño das funcións e traballo do empregado para a empresa ou empregador que lle paga un soldo ou a cambio do cobro de beneficios da súa propia empresa.
Entón, que é traballo? A actividade humana que se realiza para producir algo, para conseguir un resultado. E que pode estar remunerada ou non. Por exemplo, se limpo a cociña da miña casa ou xestiono as minas finanzas para chegar a fin de mes, é un traballo que estou facendo polo que non percibo salario. Pero sí percibo algo case máis importante: o meu curriculum oculto.
3. O curriculum oculto
Antes de falar do curriculum oculto, debemos pensar na primeira palabra: curriculum. A estas alturas, (case) todas/os sabedes o que é un curriculum. Se definíramos currículum oculto no eido da educación, por exemplo, podríamos dicir que todo o relacionado con que, para que, como, con que e cando nos ensinaron na escola; os obxectivos acadados, os contidos aprendidos…
Se ampliamos o eido, o curriculum convírtese na nosa folla de vida, un resumo dos logros e experiencias que tivemos coma profesionais. Pero, todos os nosos logros e coñecementos veñen da parte profesional? Non hai cousas que tedes aprendido na casa, de forma autodidacta, por necesidade, por pasión ou por proba/erro? Todo eso é o noso curriculum oculto.
Este curriculum oculto transmítese a través das relacións sociais e das nosas vivencias. Alguén que coidou a tres fillos, pode que precise titulación de cuidador/a infantil se quere coidar nenos de xeito profesional. Pero seguro xa ten aprendido como facelo, a importancia da paciencia ou o imprescindible dos límites.
4. Diccionario de competencias
As competencias refírense ao coñecemento profundo ou autoridade suficiente para xulgar ou decidir sobre certos asuntos. O diccionario de competencias é un documento coas características personais relacionadas de forma causal co éxito nun posto de traballo.
Neste diccionario de competencias de Galejobs poderás coñecer os termos que os recrutadores empregarán ou que ti mesma/o podes usar para definirte. E sobre todo, poderás saber cales son as mellores verbas para describir o teu curriculum oculto.
>> Descargar diccionario de competencias de Galejobs.
Deixa unha resposta