CREA PERFIL PARA INSCRIBIRTE EN LAS OFERTAS

Stukers: Busca ao teu compañeiro de piso ideal

emprender-galicia-stukers-galejobs

Catro mozos vigueses están tras a empresa Stukers, unha web para compartir piso made in Galicia que xa conta con usuarios por toda España e presenza internacional. Así é como funciona.

Yago Rivera ten 24 anos e xa ten adiantado ao resto de compañeiros da súa idade. A maioría atópanse aínda estudando, buscando prácticas ou no seu primeiro traballo. Pero Yago comezou a casa polo tellado e, junto a tres amigos, decidiu crear a súa propia empresa.

Para comezar este camiño, escolleron facelo baseándose en necesidades que tiñan visto e ouvido. Entón veulles á cabeza un dos temas máis falados no entorno universitario: a busca de piso. E o que é mellor: unha vez atopas a casa, con quen o compartes? E así naceu Stukers. Hoxe, Yago cóntao para Galejobs.

Cando e por que nace Stukers?

Stukers nace coma proxecto final de carrera. Pensamos en algo que poidera axudar á xente da nosa idade, dadas as dificultades do entorno que provocan que moitos teñan que marchar a outras cidades ou, incluso, países. Por iso, decidimos centrarnos no proceso de busca de piso e compañeiros que para nós tiña moito marxe de mellora.

Que é exactamente Stukers?

Stukers é unha plataforma onde estudantes e traballadores -de aí o nome: students & workers- podan atopar compañeiros de piso ideais para eles. Para iso, empregamos os hobbies e un pequeno test de 5 preguntas sobre como son na convivencia para, en base a iso, facer o matching e escoller segundo as súas  preferencias.

Por outra parte, os propietarios de piso ou compañeiros que teñan habitacións libres, poderán ofrecelas ás persoas que estean buscando aloxamento. E, por suposto, eles tamén poderán ver os perfiles dos usuarios, para así decidir cales encaixan mellor no seu fogar.

emprender-galicia-stukers

Quen está detrás de Stukers?

A empresa está formada por 4 cofundadores de 24 anos: Diego Antón, Roberto Andrade, Rodrigo Garrido e mais eu, Yago Rivera.

Traballamos dende a Universidade de Vigo, xa que fomos premiados nos Premios INCUVI e, grazas a iso, cedéronnos un espazo alí.

Todos temos unha experiencia previa corta, xa que puxemos en marcha o proxecto case ao rematar a carreria. Por exe

mplo, antes de comezar con Stukers, só fixen prácticas no banco BBVA, na área de control e seguemento de riscos.

stuckers-emprendedores

*Fuente: stuckers.com

E sen esa experiencia previa pero ca xuventude do voso lado, cal é a diferencia do voso proxecto coa competencia?

A diferenciación de Stukers frente ao resto de competidores reside no que comentábamos anteriormente: a posibilidade de escoller con quen convivir en base a gustos e estilos de vida.

Para o dono do inmoble, poder ofrecer o seu piso e non esperar a que o chamen – senón tomar una actitude proactiva- parécenos algo moi interesante. Deste xeito, reduce o tempo que ten o seu piso baleiro e ademáis, coñece mellor como é a persoa á que llo vai arrendar.

Onde funciona Stukers? Podemos buscar piso en calquera cidade de España?

É unha plataforma aberta que ten presenza nunha cidade a partir de que se rexistra o primero usuario de alí. É dicir, calquera persoa pode rexistrarse no sitio que queira; mesmo que sexa a primeira e a encargada de abrir camiño.

Actualmente, a nosa principal actividade está en Madrid, Barcelona, Sevilla, Granada e as principais cidades galegas. Internacionalmente, temos máis presenza en Amsterdam (Holanda) e Oporto (Portugal).

emprender-stukers-galejobs

Pregunta obrigada: é gratis?

Ata agora era totalmente gratis. Dentro de pouco cambiaremos o noso actual modelo de negocio. Esto quere dicir que a web se poderá seguirse empregando de forma gratuíta mais haberá certas funcionalidades que poderán ser desbloqueadas coa compra de plans Premium.

“Non é tan importante crear axudas para emprender coma eliminar barreiras de entrada”

E xa que sodes deses valentes que se decidiron a emprender na terra, como vedes o emprendemento en Galicia?

Cremos que este tema ten mellorado moito nos últimos anos. Antes o emprendemento non era unha opción tan real coma agora pero neste momento perdeuse en certa medida o medo ao fracaso. Aínda que queda moito por percorrer para estar á altura doutros países.

En España, as trabas para emprender son altas. Segundo o noso entender, non é tan importante crear axudas ou subvencións senón eliminar barreiras de entrada.

Que consellos lle daríades a gente que, coma vós, está pensando en apostar polas súas propias ideas?

Coa nosa corta experiencia, o que podemos decir é que paga a pena intentar levar a cabo a túa idea. Non hai que terlle medo ao fracaso porque, malia que non saia adiante, levas contigo moitas experiencias e cousas aprendidas. Hai que valorar tamén eses intanxibles.

E, por último, diríalle ao emprendedor potencial que, antes de facer nada, saia á rúa. Que saia e pregunte polo interés que tería a xente en empregar o seu produto. Así aseguraráse de que o seu proxecto ten mercado antes de poñerse mans á obra para crealo.

stukers-logo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

 

Crea una cuenta en Galejobs

Busco trabajo Ofrezco trabajo