Ai, os consellos. Coma amigos, parellas, compañeiros… temos sempre un consello para alguén que está nunha situación complicada. Mais non sempre é doado aconsellar cando sabes que a situación na que se atopa o aconsellado é difícil, complexa, dura. E máis aínda cando comprendes por que está nesa crise interna que o leva a buscar desesperadamente axuda.
Hai uns días, estivemos na rodaxe do programa Cuestións Personais da TVG e vimos a xente con dous problemas: o primeiro, crer que teñen un problema, unha tara ou un defecto que lles fai imposible atopar o que procuran; o segundo, a actitude con que o afrontan. Porque o problema real, auténtico e imparable é a actitude. Cando ún se predispón a perder, ten medio camiño feito; pero o que non vemos cando estamos no ollo do furacán é que tamén podemos ter feito medio camiño para ganar tan só cambiando a forma de ollar o mundo, tan só tendo una actitude positiva e abrindo a mente a novas solucións e oportunidades.
Non somos quen de decir á xente como ten que vivir porque tamén poderían eles dicírnolo a nós -é o que teñen os consellos, que poden vir tamén no sentido contrario- pero sí aproveitamos para animar e decir unhas verbas amables a todo quen quiera oílas. Porque estamos todos cheos de negatividade, de “é o que hai”, de “iso non vai pasar”, de “baixa a cabeza e cala”… e cremos que no mundo xa hai suficiente diso. Non podes escoller as situación que afrontas na vida mais sí as lentes que pos para velas. E cremos, de corazón, que o noso papel é facilitar, axudar e acompañar no crecemento profesional de tantos como chegan a Galejobs.
Non, non imos chegar aquí a dicir que cun sorriso se consigue un traballo ben pagado, do noso sector e na nosa cidade. Pero dende logo, non se consigue cun choro. Crede en vós mesmos, seguide explorando camiños, seguide buscando novos retos, destinos e coñecementos, porque non hai idade límite para mellorar, ilusionarse e loitar polo que un quere. E porque se non loitas ti, os nosos consellos non poden facer o camiño que ti non andiveches.
Da o primeiro paso, camiña, arrisca, recíclate, volta estudar, móvete… e os nosos consellos e o noso sorriso tratarán de darte os folgos que che falten na outra metade do lameiro. Que ninguén che diga o que podes ou non podes facer.
Forza, valor e talento galego. E se precisas axuda na andanza: contacto@galejobs.com
Deixa unha resposta