CREA PERFIL PARA INSCRIBIRTE EN LAS OFERTAS

“Deberíamos deixar de pensar que o de fóra é mellor”

situm-equipo

Seica algúns de vós aínda non saben o que é Situm. Mais se o buscades en Internet, veredes unha morea de premios ao lado do seu nome, o último dos cales é na categoría internacional de Galicia Emprende 2015. 

Víctor Álvarez Santos, enxeñeiro informático, doutor en Tecnoloxías da información pola Universidade de Santiago de Compostela e CEO de Situm, fálanos do seu proxecto.

1. Para quen non o saiba aínda, poderías explicarnos qué é Situm?

Situm é unha spin-off do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela), con preto dun ano de vida, especializada en tecnoloxías de localización e navegación en interiores. Básicamente, desenvolvemos unha tecnoloxía que permite ás aplicacións para smartphones localizarte e navegar no interior dun edificio de grandes dimensións: un GPS para utilizar nos espacios interiores.

2. Hai canto que está funcionando e por que creáchedes este proxecto?

O noso proxecto xurdiu cando traballábamos na localización en interiores con robots. Ao chegar á finalización das nosas teses doctorais, ocurríusenos que, a incorporación de sensores como wifi, bluetooth, acelerómetro nos smartphones, facía destes aparatos unha especie de mini robots. Polo que crimos que poderíamos aplicar o noso coñecemento adquirido na nosa experiencia como investigadores para crear unha tecnoloxía de localización propia para smartphones. E puxémonons mans á obra, xerando un prototipo inicial que corroboraba a hipótese.

3. Cal é a maior vantaxe de Situm?

A maior vantaxe reside na súa tecnoloxía, que está entre as de máis precisión do mercado. Ademáis, o custo de instalación para clientes é menor que outras solucións, xa que utiliza distintas fontes de información (WIFI,BLE,campo magnético…)

4. Como está sendo a acollida do público?

De momento aínda non temos a tecnoloxía dispoñible para o gran público -temos betas privadas-. Mais a verdade é que os clientes que a teñen visto funcionar, sorprendéronse da nosa precisión e robustez.

5. A nivel profesional, teño entendido que gañáchedes o premios en YUZZ, á mellor idea emprendedora-. Qué supuxo este recoñecemento para a empresa?

Apórtannos un feixe de cousas positivas, das que destacamos: coñecementos, asesoramento de primeiro nivel, contactos comerciais, visibilidade e contacto con numerosos proxectos e emprendedores con inquedanzas similares ás nosas.

6. En Galicia, recibíchedes premios en Emprendedor XXI, en Galicia Open Future, Onda Emprende e agora en Galicia Emprende e Galicia Spin-off. Sentídesvos valorados na nosa Comunidade?

Levamos xa varios premios dentro da CCAA polo que sí, sentímonos moi valorados en Galicia. Sobre todo, por parte da prensa que, a verdade deunos moita cobertura e reportaxes en case tódolos medios… e iso é de agradecer porque proporcionou moita visibilidade ao proxecto.

7.  Que creedes que falta en Galicia para potenciar máis o talento galego?

O primeiro é que deixemos de pensar que o de fóra é mellor que o de aquí. A Xunta está apostando moito por diversas iniciativas para emprendedores. Seica as empresas grandes deberían apoiar máis estas iniciativas.

8.  Un consello para os emprendedores galegos?

A nosa recomendación é que se esforcen dende o primeiro día e que crean na súa idea. Que se axuden dos programas de emprendemento, que só a nivel galego hai moitos (Galicia Open Future, Via Vigo, YUZZ… ). Recomendámoslles que os aproveiten ao máximo porque realmente apréndense cousas útiles e dan moita visibilidade e empuxe, sobre todo para dar os primeiros pasos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

 

Crea una cuenta en Galejobs

Busco trabajo Ofrezco trabajo