CREA PERFIL PARA INSCRIBIRTE EN LAS OFERTAS

A ARCA DA NOE

foto barra

Noemí ten 33 anos e un proxecto dun aniño que leva o seu nome: A Arca da Noe. Aínda que pode semellar unha taberna de aldea, é iso e moito máis; tense convertido nun local que aposta pola cultura galega e os productos locais. Queres coñecelo?

 

Noemí Vázquez abríu A Arca da Noe cunha vocación gastronómica, mais sobre todo cultural. “A miña idea sempre foi promover a música e a cultura en xeral na zona rural de Vilar de Santos, na comarca da Limia, de onde son eu. Quixen revitalizar a parte cultural da aldea, que estaba un pouco perdida”.

Ao abeiro dunhas axudas dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rural e do apoio do Concello, comezou esta andadura en agosto de 2014 nunha casiña de pedra restaurada e arrodeada de natureza. Agora, contan xa con case 5.000 fans no Facebook. “Medramos grazas ó boca a boca, que se esparcíu aínda máis por Internet. A verdade é que, sen as redes sociais, non sería posible chegar a tanta xente como temos chegado”.

a-arca-da-noe-conciertos

Dende a apertura, xa teñen feito máis de 70 concertos e actividades no local, contando con reconhecidos artistas galegos como Xavier Díaz, Ugía Pedreira e Xurxo Souto, entre outros. “Demostramos que non só se poden organizar actividades nas grandes cidades. De feito, estamos tendo máis actividade cultural na aldea que en moitos locais de Vigo ou Santiago”.

Fixo esa extensa axenda de contactos grazas a 12 anos traballando en actividades culturais e hostelería. “Nese tempo fun coñecendo a moita xente e agora esa xente tamén me axuda chamando a máis xente”.

Mais na Arca non só teñen música. Contan tamén con cursos de pandeireita, exposicións de arte, contacontos para nenos e case calquera actividade que axude a darlle vida á zona. Unha vida que Noemí trae con leria senón tamén a nivel económico. “Un dos aspectos importantes deste proxecto é que os pratos da nosa taberna están feitos con productos locais. É a nosa forma de apoiar a economía da zona”. Pan feito na Limia, marmelada de Vilar de Santos, hamburguesas caseiras feitas por un rapaz da aldea… todo con sabor galego e feito á man.

O seu amor pola cultura e a gastronomía local ven precedido dunha paixón polo idioma galego, amosada a través da súa participación en movementos da defensa da lingua, coma AGAL. “Estudei Filoloxía Galega e Filoloxía Portuguesa e teño dado obradoiros deses dous idiomas, din aulas na universidade, participei na organización do festival Português Perto. Sempre estiven moi implicada ca lingua e compaxinando cursos con traballos en asociacións culturais e hostelería”. E A Arca é o resultado da súa traxectoria profesional.

Noemí xa está programando novas actividades para A Arca. “Temos o sábado 26 de setembro un concerto de Marcos Pin e Telmo Rodríguez co seu proxecto Duology; e o domingo 27 teremos á portuguesa Rita Braga”.

O máis difícil deste proxecto? “É un traballón (risas). Son moitas horas e o máis complicado é o dia a dia entre semana porque a fin de semana ven máis xente polos concertos. Mais por semana estamos os da aldea e resúltanos complicado animar á xente a vir máis neses dias. Non hai moita xente na aldea e por iso a miña intención é xerar accións que axuden a repoboala”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

 

Crea una cuenta en Galejobs

Busco trabajo Ofrezco trabajo