Tres mulleres. Eva e Patricia Cañizares (irmás) decidiron retomar a tradición de cociña que lles inculcara a súa nai, Carmen, e crear as tres un negocio sustentable e ecolóxico na súa terra. Eva cóntanos que é e como naceu Milloverde.
Para situarnos xeográficamente, cóntanos: onde está Milloverde?
Milloverde está en Oia, entre Baiona e A Guarda. Máis concretamente, onoso obrador -onde traballamos e vivimos- está en Torroña, que é a zona de montaña de Oia.
A montaña de Oia sempre foi un barrio moi abandoado polo concello… nas infraestructuras, na visibilidade do entorno… Ten moito potencial tanto de materia prima coma de recursos humanos pero non está posto no mapa. Nós o que queremos é posicionar o pobo tamén e, cando poidamos, crear postos de emprego para a xente de aqui.
Creamos unha empresa familiar con vocación de empresa social. Esperamos poder contratar xente e reactivar esta zona.
Tedes pensado contratar empregados?
Sí, esperamos que vaia medrando e poder contratar xente desta zona rural, que está moi abandoada e hai moitas mulleres que están sufrindo polas desigualdades sociais. Estamos moi concienciadas con ese tema. Por iso, creamos unha empresa familiar con vocación de empresa social. Estamos moi comprometidas tanto coa Igualdade de Xénero como co Desenvolvemento Rural e Sustentable.
Teño entendido que sodes educadoras, non? Como foi o salto dun traballo a outro?
Sí, Patricia e mais eu. Na miña familia sempre houbo moita relación coa cociña e a nós gustounos sempre moito, tanto á miña irmá coma a min. Pero ó final estudiamos Educación Social e adicámonos a outras cousas. Miña nai sí que tivo un pequeno restaurante aquí, que de feito se chamaba igual, Milloverde. Tiña bastante prestixio porque a miña nai cociña moi ben. E hoxe en dia sacamos a idea dun dos nosos produtos: a empanada de millo.
En fin, pasaron os anos e miña irmá e mais eu marchamos para traballar de educadoras -eu a Marrakesch e ela a outras zonas de Galicia-. Tempo despois, miña irmá quedou sen traballo e eu volvín por cuestións de saúde. Un dia, comezamos a falar de traballo e pensamos en explotar esta marabilla que temos aqui: as receitas, o forno, a casa onde cociñaba miña avoa e despois miña nai. E decidimos crear algo noso. Diso xa vai ano e medio aproximadamente.
Dis que o nome ben do restaurante da túa nai mais porque lle chamou ela Milloverde?
Como estamos preto de Portugal, na miña familia era unha tradición facer empanadas de millo. E queríamos atopar un nome que conxugara un pouco o que nós facemos co tema da ecoloxía. E ademáis hai unha canción de José Alfonso con ese título e tamén ten un significado especial para nós porque ven da nosa nai. E de pronto un dia xuntei todas estas ideas e pensei: xa temos nome.
Ainda que o millo que tedes non é precisamente verde…
Sí… (risas). É negro. O que pasa é que Milloverde canta moi ben porque fala do noso producto e do noso obxectivo de ser sustentables. Mais sí, parte do noso millo é negro, é millo corvo. Mercamos a semente ecolóxica e agora estamos recuperando ese millo nesta zona, onde hai anos estaba.
Este millo é autóctono de Galicia. No século XVII, empezou a sementarse na zona de Bueu e despois apareceu en outras zonas. Aquí tamén o houbo pero hai tanto que non o lembran nin os vellos… Despois foise mesturando con outras variedades, apareceu o millo morado -que seguen a ter aqui- e foi cambiando de cor polas mesturas.
Por que é unha empresa sustentable?
Somos unha empresa km0. Toda a materia prima que empregamos ven da nosa horta. E o que non temos, procuramos mercalo en empresas locais ou o máis próximas posible; e que sexan produtos de calidade, non tranxénicos e que non leven ningún tipo de colorante nin conservante nin nada diso. O obxectivo é non contaminar e ademáis facer unha cociña gourmet saudable.
Queremos facer algo que teña sentido para nós e que lle faga sentir algo a quen o consume.
Na vosa web, falades tamén do slow food.
Sí, é unha filosofía que se trae dende Italia e que se traduce coma “cociña lenta”. Iso é o que facemos nós. Engloba un pouco a idea do km0, desnvolvemento sustentable, economía sustentable… e se trata de tratar os produtos con respeto e non cociñar dunha maneira industrial e, digamos, frívola. Trátase de mimar o produto e cociñar artesanalmente e, por suposto, tamén acolle o tema dos produtos de proximidade.
Na nosa elaboración, traballamos moito iso. Lévanos horas porque ademáis amasamos a man. Queremos facer algo que teña sentido para nós e que a xente, cando o probe, que sinta algo, que sinta que é algo ben feito, feito con senso.
Tedes o selo ecolóxico?
Non porque non podemos pagalo neste momento. É carísimo! Sobre todo se produces ti… igual chega ós 2.000 ou 3.000 euros. Non é algo simbólico; ó contrario. E nós estamos tamén en contra desa política porque, ó final, en lugar de premiar á xente que cultiva con conciencia, semella que che poñen unhas tasas altísimas que lle terían que poñer á xente que non cultiva asi.
Como funciona a vosa web para os encargos online?
É moi doado. Só teñen que entrar en www.milloverde.es Poden ver os produtos, facer o pedido e llo enviamos a casa. Temos servizo en todo o territorio español e case ata no estranxeiro! (risas)
O que facemos é moi valioso e temos que ter esa autoestima sobre o que estamos facendo.
Se pedimos dende Coruña, cando nos chegaría o pedido?
Pois se entras hoxe e pides, nós arquivamos ó longo do dia os pedidos, mañán o elaboramos e pasado mañán o recibes. O bó é que o envasamos ó baleiro e por iso chegan en perfectas condicións, con tódolo sabor e textura. E no caso das empanadas, o único que hai que facer é quentala no forno 15 minutos.
Tedes tamén tenda física?
Non, é todo a través da web. Temos a tendas interesadas en vender o noso produto pero tamén somos moi selectivas. Por exemplo, en grandes superficies non queremos estar. Preferimos estar en tendas que merezan que o noso produto esté alí. O que facemos é moi valioso e creo que temos que ter esa autoestima sobre o que estamos facendo porque o traballo é moi duro.
Deixa unha resposta